DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO das bases e da convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 86, do 5 de maio de 2023, publícanse integramente as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples, en réxime de persoal laboral fixo, sistema de concurso-oposición, no Concello de Barro

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio das bases específicas da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://barro.sedelectronica.gal/transparency/51c93f20-7f12-4767-9397-68b3f5a45825/

Barro, 11 de outubro de 2023

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde