DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo do Val

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo de promoción interna para funcionarización do persoal laboral fixo que desempeña postos de traballo clasificados como propios de persoal funcionario grupo A2, técnico axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL) da OEP de 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 228, do 3 de outubro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso selectivo de promoción interna para a funcionarización de:

Unha praza de técnico axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A2. Concurso-oposición promoción interna. Grao universitario.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Castrelo do Val, na súa páxina web e no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Castrelo do Val, 4 de outubro de 2023

Vicente Gómez García
Alcalde