DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59367

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Mediante a Resolución do 4 de xullo de 2023 (DOG núm. 133, do 13 de xullo), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, condutor/a, costureiro/a, electricista, enxeñeiro/a técnico/a, fontaneiro/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución, e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013 (DOG núm. 181, do 23 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, condutor/a, costureiro/a, electricista, enxeñeiro/a técnico/a, fontaneiro/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De modo excepcional para estas categorías, dada a proximidade da data de publicación destas listas coa data final de dispoñibilidade da inscrición editable no programa FIDES/expedient-e (31 de outubro), as persoas aspirantes que desexen facer algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar no ano 2024, poderán realizala ata o 30 de novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos