DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59366

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 18 de outubro de 2023 polo que se dá publicidade ás bases que rexerán o proceso de elaboración das listaxes conxuntas do Igape e Xesgalicia para a contratación temporal de persoal técnico superior e se abre o prazo de presentación de solicitudes.

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na súa xuntanza do 27 de setembro de 2023, e o Consello de Administración de Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión Tipo Cerrado, S.A., na súa xuntanza do 25 de setembro de 2023, aprobaron as bases que rexerán o proceso de elaboración das listaxes conxuntas para a contratación temporal de persoal técnico superior e a apertura do prazo de presentación de solicitudes.

As bases poderán consultarse no portal web do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto, e no portal web de Xesgalicia no enderezo https://www.xesgalicia.org/es/ofertas-y-convocatorias-abiertas, desde o mesmo día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e/ou nos citados portais web corporativos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica