DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/315-4).

Expediente: IN407A 2023/315-4.

Promotora: Concello de Pontevedra.

Denominación: LMTS LOZ809 e substitución CTC Barcelos por CTC.

Concello: Pontevedra.

Feitos:

Primeiro. O 4 de xuño de 2023, o Concello de Pontevedra solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada LMTS LOZ809 e substitución CTC Barcelos por CTC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na beirarrúa (zona peonil) da praza de Barcelos, no concello de Pontevedra:

Centro de transformación subterráneo en envolvente prefabricada de formigón de manobra interior, 2L2P telecontrolado por GRPS e dotado de telexestión, con dous transformadores de 630 kVA de potencia cada un.

Instalación de 44 metros de liña de media tensión subterránea para alimentar o centro de transformación.

O centro de transformación existente praza de Barcelos 36CF87 quedará fóra de servizo e será desmontado por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontevedra.

O 19 de xullo de 2023, o Concello de Pontevedra emitiu un informe en que indica a súa conformidade coas obras proxectadas e que estas forman parte das obras de remodelación do viario perimetral da praza de Barcelos, aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra do 23 de maio de 2022.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 44 metros de lonxitude, con orixe e final no tramo LOZ8090349, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado Barcelos.

Centro de transformación subterráneo, con dous transformadores de 630 kVA cada un e relación de transformación 20 kV/400 V, situado na beirarrúa da praza de Barcelos, fronte ao nº 26.

A instalación está situada na praza de Barcelos, Pontevedra, no concello de Pontevedra.

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar ao Concello de Pontevedra a autorización administrativa previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS LOZ809 e substitución CTC Barcelos por CTC (expediente IN407A 2023/315-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. O Concello de Pontevedra asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra