DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Ponteareas e O Porriño (expediente IN407A 2023/331-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ATI712 e novo CTC Laxes Confurco.

Situación: concellos de Ponteareas e O Porriño.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 223 metros de lonxitude, coa orixe no apoio A615V4ML/D1-21-17 da LMTA ATI712, situado no lugar de Confurco, no concello de Ponteareas, e final no centro de transformación proxectado situado no lugar de Eidos, no concello do Porriño.

– Centro de transformación compacto a 160 kVA, con relación de transformación de 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36039A006000220000DR, no lugar de Eidos, no concello do Porriño.

A instalación está situada en Confurco, na parroquia de Xinzo, municipio de Ponteareas, e en Eidos, parroquia de Cans, no concello do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/331-4.

Denominación: LMTS ATI712 e novo CTC Laxes Confurco.

Concello: Ponteareas.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Leirados

Rústico

36042A036060000000DZ

Servicios Logísticos Souto, S.L.

0,92

2,73

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

2

As Laxes

Urbana

36039A006000220000DR

Descoñecido/a

11,56

0,74

3,63

3

As Laxes

Urbana

36039A006000230000DD

María del Carmen

Rodríguez Acuña

3,41

1,86

6,49