DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59359

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 19 de abril de 2023 (código de procedemento PR461H).

Con data do 5 de maio de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 86 a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

No DOG número 141 do 26 de xullo de 2023 publicouse a Resolución do 17 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).

Esta resolución concedía un prazo de 10 días hábiles para emendar as causas de exclusión.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no número 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no apartado 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 20 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***9036**

De la Peña

Costas

Teodoro

1

***6118**

Domínguez

Fernández

Jaime Alberto

2

Causas de exclusión

1

Solicitude incorrecta, solicítanse prazas que non aparecen na convocatoria

2

Non cumprir o requisito establecido na base 2.2.b): ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de oficial.