Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 15 de maio de 2023 (DOG núm. 101, do 30 de maio), e de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, fíxose pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2022 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Unha vez rematado o prazo para presentar reclamacións establecido na devandita resolución, corrixidos os erros e examinadas as alegacións formuladas polas persoas interesadas, a Comisión Permanente acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta de actualización definitiva de méritos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vista a proposta, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2022 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación.
Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade de medicina |
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía |
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial |
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de topografía |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
A2 |
208A |
Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría |
A2 |
208B |
Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia |
A2 |
208C |
Escala técnica de facultativos. Especialidade educadores |
A2 |
208D |
Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional |
A2 |
208E |
Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
B |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de xardín de infancia |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de patrón |
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de mecánico |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a de EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a de oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
III |
036 |
Experto/a en audiovisuais |
III |
037 |
Técnico/a de son |
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
III |
045 |
Técnico/a de luces |
III |
049 |
Axente auxiliar de inspección transportes |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a de maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª |
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz de cuadrilla. Xefe/a de equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz |
III |
068 |
Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario |
III |
069 |
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira |
III |
080 |
Capataz de establecemento |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
097 |
Auxiliar de son |
III |
098 |
Auxiliar de luces |
III |
101 |
Proxeccionista |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación de obras |
IV |
004 |
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a de servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda de explotación |
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar de carpintaría |
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
IV |
024 |
Xastre/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
034 |
Axudante/a de restauración e proxección cinematográfica |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
003-02 |
Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante de oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico/a superior de defensa contra os incendios forestais |
II |
039 |
Técnico/a forestal de defensa contra os incendios forestais |
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra os incendios forestais |
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico de máquinas defensa contra os incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra os incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra os incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra os incendios forestais. Escoita de incendios |
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |