BDNS (Identif.): 723220.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/723220)
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador cuxa data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/s título/s que habilitan o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao, se é o caso, sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2021, salvo as excepcións recollidas na base 5.c) da convocatoria.
Segundo. Obxecto
O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, modificado pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación da Universidade de Vigo para o exercicio 2024.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de setecentos cincuenta mil euros (750.000 €), segundo a distribución por anualidades para 2024, 2025, 2026 e 2027 establecida na convocatoria.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 26 de outubro ata o 23 de novembro de 2023.
Vigo, 25 de outubro de 2023
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación