DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61177

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros da convocatoria do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á categoría de inspector no corpo da Policía Local (OEP ordinaria do ano 2022).

Detectado erro na publicación do Diario Oficial de Galicia número 204, do 26 de outubro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di: «(...) O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os sucesivos anuncios publícanse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.(...)», debe dicir: «(...) O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os sucesivos anuncios publícanse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases (...)».

Quedan subsistentes os demais aspectos do anuncio publicado no DOG número 204, do 26 de outubro de 2023, relativo á convocatoria do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á categoría de inspector no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (OEP ordinaria do ano 2022).

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados