DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baños de Molgas

ANUNCIO da convocatoria de oferta de emprego para tres prazas de auxiliar de axuda no fogar e unha de auxiliar administrativo.

Polo Acordo de Xunta de Goberno local do 25 de setembro de 2023 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir tres prazas de auxiliar de axuda no fogar e unha de auxiliar administrativo deste concello, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 236, do 13 de outubro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, das prazas vacantes obxecto da convocatoria, cuxas características son:

Grupo

C

Subgrupo

C2

Denominación

Auxiliar administrativo

Núm. de vacantes

1

Denominación

Auxiliar de axuda a domicilio

Núm. de vacantes

3

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (https://www.concellodemolgas.gal) e, de ser o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Baños de Molgas, 16 de outubro de 2023

Manuel Á. Fernández Movilla
Alcalde