DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61034

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación do Informe de fiscalización do programa de ordenación e inspección do transporte, exercicios 2019-2020 e do Informe de fiscalización sobre a eficiencia da colaboración pública-privada das autovías galegas.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data do 11 de outubro de 2023, dos seguintes informes:

– Informe de fiscalización do programa de ordenación e inspección do transporte, exercicios 2019-2020 [1602021-04].

– Informe de fiscalización sobre a eficiencia da colaboración pública-privada das autovías galegas [1902022-04].

Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior