DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61585

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 226, do 30 de setembro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de traballador/a social-posto de apoio, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais-servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 9 de outubro de 2023

Felipe Labrada Reija
Alcalde