DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a, mediante o sistema de oposición libre.

Mediante a Resolución de Alcaldía do 6 de outubro de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste concello, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 236, do 14 de outubro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de oposición libre, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo: C.

Subgrupo: C1.

Escala: xeral.

Subescala: administrativa.

Clase: funcionario de carreira.

Denominación: administrativo/a.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello no enderezo https://rábade.sedelectronica.gal

Rábade, 17 de outubro de 2023

Remedios González Cabarcos
Alcaldesa