DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 61852

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

A Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, no seu artigo 12 dispón que a oferta de emprego público, ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal, se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e, en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.

De acordo co disposto no artigo 20.Un da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, a incorporación de persoal de novo ingreso cunha relación indefinida no sector público levarase a cabo a través da oferta de emprego público, como plasmación do exercicio da planificación nun marco plurianual.

Neste mesmo artigo 20.Dous fíxanse diferentes taxas de reposición; establécense unha taxa do 120 por cento para os sectores prioritarios e unha taxa do 110 por cento para os demais sectores prevendo, ademais, que cada Administración poderá autorizar con carácter extraordinario unha taxa específica co fin de dar cumprimento ao obxectivo previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público, e evitar que a temporalidade supere o 8% na Administración.

Así mesmo, o dito precepto inclúe, entre outros, como sectores prioritarios: o control e loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos; a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios; as prazas do persoal que presta asistencia directa á cidadanía nos servizos sociais e servizos de transporte público, así como as prazas de seguridade e emerxencias, as relacionadas coa atención aos cidadáns nos servizos públicos e xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego; prazas de seguridade e emerxencias; prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público; e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Igualmente, o disposto no artigo 20.Dous e tres da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, resulta de aplicación ás sociedades mercantís públicas e entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios participados maioritariamente polas administracións e organismos que integran o sector público, segundo as disposicións adicionais vixésimo primeira, vixésimo segunda e vixésimo terceira da dita lei.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público para o ano 2023 inclúe prazas por acceso libre que figuran no anexo I. Para determinar a taxa de reposición tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias sen reserva de posto de traballo, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2022; tal e como indica o artigo 20.Tres, punto 4, da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, non computan na taxa de reposición as prazas que se convocan para a súa provisión mediante procesos de promoción interna nin os cesamentos derivados dos ditos procesos.

Por outra banda, a oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos, que deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

Neste decreto de oferta para o ano 2023 inclúese unha promoción interna separada para o persoal funcionario dos corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre. Tamén se recollen prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Así mesmo, inclúense prazas de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de emprego público resérvase unha porcentaxe do 11,25 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta. A reserva do 11,25 % indicado realizarase de xeito que o 2,07% das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,18% para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia aprobar a oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre aprobar a oferta de emprego público para o ano 2023 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, establecendo os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, así como o artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.

Na súa virtude, negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do nove de novembro de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, así como no artigo 12 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2023, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2023.

2. O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

3. O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

4. O anexo IV recolle as prazas que se ofertan de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos termos sinalados na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.

5. O anexo V recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, ofértanse as prazas que se detallan no anexo II do presente decreto, para persoal funcionario de carreira polo sistema de concurso-oposición. Os procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e para o persoal funcionario será de aplicación o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario dos corpos da Administración xeral, excluídas as escalas, poidan promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúan a titulación necesaria, prestasen servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretenden acceder, reúnan os requisitos exixidos na convocatoria e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior de Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Ás persoas aspirantes dos corpos da Administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral; quedan excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertaráselle na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación a que accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización poderá participar no proceso de promoción interna, para as prazas que figuran no anexo III do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que reúna as condicións e cumpra os requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que como consecuencia deste proceso adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo.

Artigo 5. Promoción para o persoal laboral fixo: proceso da disposición adicional décimo sétima

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que desempeña funcións correspondentes ao persoal funcionario e que non cumpra os requisitos previstos na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, poderá participar no proceso de promoción previsto na disposición adicional décimo sétima da dita lei, para as prazas que figuran no anexo IV do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición.

Artigo 6. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se vaian desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– Simplificación dos procesos selectivos.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto. Nas convocatorias de promoción interna estableceranse medidas para fomentar o seu impulso e desenvolvemento.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas, na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica).

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

F) De ser o caso, o desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existiren méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 7. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. Nesta oferta resérvase unha porcentaxe do 11,25 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 2,07 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,18 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual ofertaranse en convocatorias independentes. As prazas reservadas para persoas con calquera outra discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes ás dos procesos libres garantíndose, en todo caso, o carácter individual dos procesos.

3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

5. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentasen pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota e a súa puntuación sexa superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade non cualificada de intelectual que quedasen desertas nos procesos selectivos acumularanse á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas e execución de convocatorias

1. Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2021 e 2022, que aínda estean pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2023.

2. De conformidade co disposto no artigo 20.Tres. 3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, as prazas non cubertas durante a execución dunha convocatoria poderán convocarse novamente sempre que non transcorresen máis de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público que as autorizase.

A nova convocatoria deberá identificar as prazas que proceden de convocatorias anteriores e a oferta a que corresponden. Esta previsión será aplicable ás convocatorias de procesos selectivos derivadas de ofertas de exercicios anteriores á de 2023, incluídas as que xa fosen publicadas.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposición transitoria. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adecuarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Acceso libre

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

16

3

19

Escala de letrados

9

1

10

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

14

2

16

Escala superior de finanzas

7

1

8

Corpo de xestión (subgrupo A2)

Escala técnica de finanzas

7

1

8

Corpo administrativo (subgrupo C1)

Escala de axentes de inspección:

Especialidade vixilancia de estradas

9

1

10

Especialidade mobilidade

4

4

Agrupación profesional

Escala de persoal subalterno

10

10

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:

Especialidade persoal de limpeza e cociña

9

9

Total

66

9

19

94

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros/as:

Especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos

9

1

10

Escala de veterinarios

26

4

30

Escala de facultativos:

Especialidade medicina

9

1

10

Especialidade psicoloxía

13

2

15

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as:

Especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

5

1

6

Escala de técnicos facultativos:

Especialidade enfermaría

14

1

15

Especialidade educadores sociais

7

1

8

Corpo de técnicos de carácter facultativo (Grupo B)

Escala de axentes técnicos en xestión ambiental

36

4

40

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala técnica de condución

9

9

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2)

Escala de auxiliares de clínica

24

1

25

Total

152

16

168

Prazas laborais

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

III.100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

68

3

71

V.14 Bombeiro/a forestal

172

9

181

V.14a Bombeiro/a forestal condutor/a

72

3

75

V.10F Peón forestal

7

7

Total

319

15

334

Administración xeral/especial/persoal laboral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Total prazas

537

40

19

596

ANEXO II

Promoción interna independente

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

17

3

20

Corpo de xestión (subgrupo A2)

52

8

60

Corpo administrativo (subgrupo C1)

84

16

100

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

103

17

120

Total prazas

256

44

300

ANEXO III

Promoción interna persoal laboral fixo (proceso de funcionarización)

Corpo, escala e especialidade

Total prazas

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos:

Especialidade educadores sociais

17

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala técnica de delineantes

1

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala técnica de gobernantes/as:

Especialidade gobernante/a

7

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2)

Escala auxiliar de coidadores

32

Agrupación profesional

Escala de persoal de mantemento

34

Total prazas

91

ANEXO IV

Promoción (disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril)

Subgrupo

Escala

Total prazas

A1

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

1

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía

10

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de montes

4

A2

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica forestal

1

A2

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia Escala técnica de restauración -Especialidade de documentos gráficos

1

C1

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade mobilidade

2

AP

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno

3

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña

74

Total prazas

96

ANEXO V

Entes públicos instrumentais - Persoal laboral

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Posto

Quenda xeral

Titulación requirida

Total prazas

Técnico/a de análise de riscos e seguimento

Acceso libre

Grao universitario ou equivalente

3

Persoal administrativo (oficial administrativo)

Acceso libre

Bacharelato superior ou equivalente

1

Total prazas

4

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

Posto

Quenda xeral

Grupo

Total prazas

Titulado/a superior

Acceso libre

I – 3

2

Xefe/a unidade

Acceso libre

I – 9

1

Analista

Acceso libre

III – 17

2

Auxiliar administrativo

Acceso libre

IV – 1

1

Total prazas

6

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Posto

Quenda xeral

Grupo

Total prazas

Titulados/as superiores

Promoción interna

I

8

Sociedade Galega do Medioambiente, S.A. (Sogama)

Posto

Quenda xeral

Titulación requirida

Total prazas

Técnico/a económico/a

Promoción interna

Grao en CC. Económicas, Empresariais, Dirección e Administración de Empresas ou equivalente

1