DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 61999

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 2 de novembro de 2023 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 31 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 72, do 14 de abril).

A Orde do 31 de marzo de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril), pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente, mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria
ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23

Nº de inscrición

DNI

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe (€)

2344001370

***9808**

Blanco Domínguez, Adrián

15014532

CPR Plurilingüe Bayón

1.000

2314001380

***9167**

Blanco Villaverde, Antía

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000

2364001157

***8236**

Campo Herbés, Alejandro

36011312

CPR Plurilingüe San Fermín

1.000

2390001345

***6705**

Carballal Rodríguez, Martín

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2351001192

***1644**

Castrelo Vázquez, Shaila

27016248

IES de Monterroso

1.000

2341001737

***2287**

Chapel Fernández, Lidia

15020556

IES Breamo

1.000

2397001315

***8314**

González Fernández, Sandra

27006553

IES Xoán Montes

1.000

2397001116

***6260**

Hernández Costas, Mateo

36000831

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

1.000

2355001254

***6098**

Iglesias Saco, Uxía

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

1.000

2388001119

***8901**

Justo Vicente, Antón

36018461

IES República Oriental do Uruguai

1.000

2346001277

***4902**

López Fernández, Roque

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

1.000

2380001148

***8871**

López Ferreiro, Clara

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

1.000

2353001298

***1059**

Martínez Castro, Sergio

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

1.000

2359001174

***2858**

Paredes Negreira, Soraya

15026030

IES Terra de Xallas

1.000

2396001242

***5660**

Pérez Criado, Jacobo

15004125

CPR Eirís

1.000

2325001492

***6228**

Pérez Garrido, Marcos

32016625

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

1.000

2309001197

***6091**

Rodríguez Carpintero, Daniela

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2357001608

***6315**

Sánchez Martín, Yoel

32009190

IES As Lagoas

1.000

2303001529

***0890**

Velázquez Refoxos, Álvaro

36009901

IES San Paio

1.000

2305001283

***4536**

Vicente Santiago, Manuel

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000