DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo para catro prazas de auxiliares de axuda no fogar.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1018/2023, do 3 de outubro, nomeouse a María Mercedes López Pena, con DNI ***0388**, Marta María Otero Corral, con DNI ***7042**, María Verónica Puente Prieto, con DNI ***6021**, e Eva María Vizoso Tellado, con DNI ***4789**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, de catro prazas de auxiliares de axuda no fogar, coa clasificación: segundo Convenio, equivalente a subgrupo AP e incluídas na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:

https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231004150014918.html

Fene, 5 de outubro de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde