DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laza

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a selección dun funcionario de carreira na categoría de auxiliar administrativo, grupo C, subgrupo C2.

Polo Acordo da Xunta de Goberno local do 16 de outubro de 2023, publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 256, do 7 de novembro, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras para a selección dun funcionario de carreira na categoría de auxiliar administrativo, grupo C, subgrupo C2. Esta praza da subescala auxiliar foi incluída na oferta de emprego público do Concello do Laza do ano 2021, publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 23, do 29 de xaneiro de 2022. As funcións da praza son as previstas no artigo 169 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local e demais normativa vixente, así como aquelas que determine o organigrama de persoal.

– Sistema de selección: oposición.

– Acceso: libre.

– Retribucións: serán as correspondentes á citada praza e, de ser o caso, posto a que se acceda, fixadas conforme o establecido na lexislación vixente e concretadas no orzamento.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://laza.sedelectronica.gal) e, de ser o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Laza, 7 de novembro de 2023

José Ramón Barreal Novo
Alcalde presidente