DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63346

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo.

Por medio da Resolución do 27 de decembro de 2022, o director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga). De acordo co establecido na epígrafe IV das bases que rexen o proceso,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), o cal contará coa seguinte composición:

Presidencia:

Titular: Sonia Piñeiro Saá, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Javier Suárez Salvado, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Titular: Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Joan Ribot Margarit, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Titular: María Inmaculada Pérez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: María Dolores Tobío Barreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Titular: Lucía García Velasco, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I, titulada superior.

Suplente: Fernando Asperilla Pinilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Titular: Luz Aguiar Vale, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I, titulado/a superior.

Suplente: Ana María Aboy Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.funga.org

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas