DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63344

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

Por medio da Resolución do 27 de decembro de 2022, o director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso no grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga). De acordo co establecido na epígrafe IV das bases que rexen o proceso,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nos grupo II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), o cal contará coa seguinte composición:

Presidencia:

Titular: Sonia Piñeiro Saá, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Javier Suárez Salvado, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Titular: Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Joan Ribot Margarit, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Titular: Luz Aguiar Vale, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I, titulado/a superior.

Suplente: Lucía García Velasco, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I, titulado/a superior.

Titular: Marta Castro Besteiro, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo II, titulado/a grao medio.

Suplente: María Dolores Tobío Barreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Titular: María Encarnación Brage Ferraces, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade en traballo social, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Suplente: Ledicia Suárez Rodríguez, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo II, titulado/a grao medio.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.funga.org

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas