DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal de varias prazas (concurso de méritos).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 249, de 30 de decembro de 2022, (modificación publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 152, do 8 de agosto de 2023), publicáronse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal das seguintes prazas mediante o procedemento de concurso de méritos:

A) Persoal funcionario:

– Unha (1) praza de arquitecta/o, pertencente á escala da Administración especial, subescala técnica, grupo/subgrupo: A1, nivel de CD 28.

– Unha (1) praza de técnico/a da administración xeral, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo/subgrupo: A1, nivel de CD 28.

–Unha (1) praza de traballador/a social xeral, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo/subgrupo: A2, nivel de CD 22.

– Unha (1) praza de arquitecta/o técnico, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo/subgrupo: A2, nivel de CD 26.

– Unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo/subgrupo: A2, nivel de CD 24.

– Unha (1) praza de auxiliar administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 17.

– Unha (1) praza de técnico auxiliar de informática, pertencente á Escala de Administración especial, subescala técnica, grupo/subgrupo: C1, nivel de CD 20.

– Dúas (2) prazas de oficial mecánico-condutor/as, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Unha (1) praza de conserxe, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, Grupo/Subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Nove (9) prazas de peón de oficios, pertencente á Escala de Administración especial, Subescala Servizos especiais, grupo/subgrupo: AP, nivel de CD 14.

– Unha (1) praza de axudante de instalacións deportivas, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo AP.

B) Persoal laborall:

– Unha (1) praza de axente de emprego e desenvolvemento local, grupo/categoría: II.

– Unha (1) praza de director/a do CIM, grupo/categoría: I.

– Unha (1) praza de conserxe de biblioteca, grupo/subgrupo: AP.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.

Marín, 13 de outubro de 2023

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa