DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal de varias prazas (concurso-oposición).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 248, do 29 de decembro de 2022 (corrección de erros no BOP nº 12, do 18 de xaneiro de 2023 e modificación das bases no BOP nº 152, do 8 de agosto de 2023), publicáronse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal das seguintes prazas mediante o procedemento de concurso-oposición:

– Catro (4) prazas de auxiliar administrativo, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 17.

– Unha (1) praza de oficial electricista, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Unha (1) praza de oficial mecánico-condutor/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Unha (1) praza de axudante condutor, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo: AP, nivel de CD 14.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.

Marín, 13 de outubro de 2023

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa