DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 412/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 412/2023 (procedemento ordinario), interposto polo Sindicato de Médicos de Galicia (Simega) contra a Resolución do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o primeiro Programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo de institucións hospitalarias deste organismo, dirixido ao novo persoal especialista, e se establece o prazo para a presentación de solicitudes (DOG núm. 105, do 5 de xuño).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación continuada.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos