DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de varios/as funcionarios/as de carreira en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolución do 13 de outubro de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello, en virtude de propostas dos tribunais cualificadores dos procesos selectivos convocados en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a:

– Mónica Varela Vara de Rey, con DNI ***9249**, para ocupar unha praza de auxiliar de clínica da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– David Eugenio Pérez Araújo, con DNI ***1534**, para ocupar unha praza de animador/a xuvenil da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Mirian Viñas Cochón, con DNI ***7838**, para ocupar unha praza de monitor/a de tempo libre da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– María de la Paz Reboredo Agra, con DNI ***6703** , para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Jesús Lorenzo Ron, con DNI ***1947**, para ocupar unha praza de monitor/a de cursos de informática da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 18 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados