DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64056

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 6 de novembro de 2023 polo que se publica a puntuación e se abre o prazo de alegacións do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 6 de novembro de 2023, acordou publicar a puntuación e abrir o prazo de alegacións do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Dáse un prazo de dez (10) días hábiles aos interesados para presentar as alegacións que consideren oportunas, prazo que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección