DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64291

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Polo Piñeiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Secretaría:

– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Isabel Costoya Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial.

– Ivana María Rivas Pérez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– José Crecente Campo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Isabel Valcárcel Toscano, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

Secretaría:

– Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Eduardo García Egido, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– Antonio Manuel Rodríguez Castro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de física e química.

– Sonia María Cabanas Arias, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.