DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64289

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Polo Piñeiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Secretaría:

– Roberto Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Isabel Costoya Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial.

– Isabel Valcárcel Toscano, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– Eduardo García Egido, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– José Crecente Campo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Secretaría:

– Concepción Moares Domínguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Antonio Manuel Rodríguez Castro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de física e química.

– Rebeca Vázquez Núñez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– Sonia María Cabanas Arias, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.