DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64287

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo C1, escala técnica de cociña

Tribunal titular:

Presidencia:

– Eva Fachado Rubio, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Secretaría:

– José Manuel González Sanmartín, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Julio Senén Fernández Guerra, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Avelina Amado Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– María Teresa Lozano Bernal, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

– María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Antonio Vieira Armada, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Alberto Pita Graña, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.