DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64268

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude do disposto na Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023 (código de procedemento TR301P).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario/a, contía concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

A Orde do 13 de xuño de 2023 (DOG núm. 113, do 13 de xuño), en diante orde de bases, estableceu as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no período 2023-2025 e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvención das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación (código de procedemento TR301P).

A finalidade da orde de bases consiste no financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras a que se refire esta orde.

Destinouse á primeira convocatoria correspondente á anualidade 2023 un crédito por importe total de tres millóns cento corenta e oito mil trescentos trinta e catro euros (3.148.334,00 €), que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 11.50.323A.471.0, ou aquelas que a substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2013 00545.

A relación de subvencións concedidas e empresas beneficiarias delas, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Aplicación orzamentaria

Subvención concedida

TR301P-2023/000001-0

Stellantis España, S.L.

B50629187

11.50.323A.471.0

770.733,60 €

TR301P-2023/000002-0

Forma-T 2011, S.L.

B27422302

11.50.323A.471.0

56.250,00 €

TR301P-2023/000003-0

Greenalia Biomass Supply, S.L. Unipersonal

B70599410

11.50.323A.471.0

56.250,00 €

TR301P-2023/000004-0

Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda.-Coren

F32001976

11.50.323A.471.0

109.080,00 €

TR301P-2023/000005-0

Novafrigsa, S.A.U.

A27199140

11.50.323A.471.0

56.721,60 €

TR301P-2023/000006-0

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

A36001998

11.50.323A.471.0

165.801,60 €

TR301P-2023/000007-0

Carpintería Metálica Aluman, S.L.

B15042286

11.50.323A.471.0

40.095,00 €

TR301P-2023/000008-0

Textil Lonia, S.A.

A32226003

11.50.323A.471.0

161.685,00 €

TR301P-2023/000009-0

Stellantis España, S.L.

B50629187

11.50.323A.471.0

744.806,40 €

TR301P-2023/000010-0

Soldega Formación, S.L.

B27431493

11.50.323A.471.0

161.190,00 €

TR301P-2023/000011-0

Deloitte Consulting, S.L.U.

B81690471

11.50.323A.471.0

33.214,80 €

TR301P-2023/000012-0

Costa Ensino, S.L.

B27408194

11.50.323A.471.0

138.060,00 €