DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64237

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 15 de novembro de 2023 pola que conceden a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial, os distintivos de permanencia e as distincións honoríficas ao persoal da unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e ás persoas e unidades que colaboran con ela.

No Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo que se regula a concesión de condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas outorgados pola Xunta de Galicia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con esta, establécense os requisitos, o procedemento e os efectos da concesión das condecoracións, dos distintivos de permanencia e das distincións.

A Unidade do Corpo Nacional de Policía adscribiuse á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a Orde do 19 de xuño de 1991, do Ministerio do Interior, e comeza a desempeñar as súas funcións no mes de outubro de 1991. Durante estes anos de servizo púxose de manifesto en numerosas actuacións policiais a entrega, a profesionalidade, o valor e o compromiso dos seus membros.

Para recoñecerlle ao persoal policial o servizo continuado nesta unidade, procede outorgar a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial, ao persoal que teña acreditados 30 anos de servizo nela, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal. Do mesmo modo, cómpre conceder os distintivos de permanencia ao persoal da unidade que cumpre 20 anos de servizo e entregar ao persoal da unidade que leve 2 anos de servizo efectivo nela un distintivo básico de pertenza.

Así mesmo, outórgase a distinción honorífica a aquelas unidades e persoas doutros corpos ou colectivos como recoñecemento á súa destacada colaboración co persoal desta unidade.

Por outra banda, de conformidade co establecido no número 2 do artigo 8 do Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de novembro de 2021, determináronse os efectos económicos da concesión da Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial.

Polo exposto, de conformidade coa proposta efectuada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e co establecido no artigo 10 do citado Decreto 122/2016, do 8 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Outorgar a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial ao persoal que se relaciona no anexo I, por ter acreditados 30 anos de servizo na unidade, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal, evidenciando unha traxectoria profesional prolongada no tempo e que contribúe á dignificación, prestixio e recoñecemento público da función policial. Este outorgamento determina o dereito á percepción da contía económica establecida no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de novembro de 2021.

2. Conceder os distintivos de permanencia ao persoal da unidade que figura no anexo II, por ter cumpridos 20 anos de servizo.

3. Entregar o distintivo básico de pertenza ao persoal da unidade que figura no anexo III, por levar 2 anos de servizo efectivo nela.

4. Outorgar a distinción honorífica ás persoas que se relacionan no anexo IV, como recoñecemento ao seu labor de especial colaboración coa Unidade adscrita. Así mesmo, outórgaselles esta distinción en formato de placa aos membros das unidades do Corpo Nacional de Policía que participaron no dispositivo policial do día 13 de abril de 2023 diante do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO I

Cruz de Bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Oficial

Otero Cabarcos

Horacio

2

Oficial

Olazábal Ibars

José Luis

3

Oficial

García Cela

Juan Antonio

4

Policía

Bande Bande

Alfonso

5

Policía

Cordero Vázquez

Antonio

6

Policía

Couceiro Macho

Manuel

7

Policía

Díaz Varela

Gumersindo

8

Policía

Fernández Oubel

José Manuel

9

Policía

Ferreiro Rey

Francisco José

10

Policía

Ferro Varela

José Adolfo

11

Policía

Herbón Arias

Juan Manuel

12

Policía

Lorenzo Lago

Manuel

13

Policía

Porras Vázquez

José Manuel

14

Policía

Rodríguez Martínez

Alfredo Amador

15

Policía

Vila Blanco

Gemma Luz

ANEXO II

Distintivo de permanencia 20 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector

Beltrán Mara

José Luis

2

Policía

Blanco López

Ángel Manuel

3

Policía

Brea Nieto

Carlos Enrique

4

Policía

Campos Losada

Raúl

5

Policía

Castroseiros Freire

José Manuel

6

Policía

Devesa Varela

Saturnino

7

Policía

Estévez López

Santiago

8

Policía

Fernández Borrajo

Carlos

9

Policía

Ferreiro Lamas

Victoriano

10

Policía

Fontán Casas

María Sonia

11

Policía

Gómez Murado

Antonio

12

Policía

González Taboada

Francisco Javier

13

Policía

Gutiérrez Rodríguez

Sergio Nonito

14

Policía

Jorge Delgado

Roberto Carlos

15

Policía

Jurado Conde

Carlos

16

Policía

Nogueira Fernández

José Benito

17

Policía

Padín Álvarez

Ignacio

18

Policía

Pérez Porta

Francisco Andrés

19

Policía

Prieto Sotelo

Miguel Ángel

20

Policía

Rey Rodríguez

Óscar

21

Policía

Rodríguez Cancelo

Luis Manuel

22

Policía

Rodríguez Fernández

Carlos Alberto

23

Policía

Suárez Reigía

Abel

24

Policía

Zabaleta García

Víctor Javier

ANEXO III

Distintivo básico de permanencia

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector

Nogueiras Nogueiras

José Antonio

ANEXO IV

Distinción honorífica

Persoas distinguidas:

Apelidos

Nome

Categoría

Gómez Nieto

Ramón

Comisario principal, xefe superior de policía de Galicia

González Arias

Miguel Ángel

Xeneral de brigada, xefe da Zona de Galicia da Garda Civil

Conde Fernández

Mari Sol

Comisaria, xefa da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Valenciana

Silva Dieste

José Ramón

Xefe da Policía Local de Santiago de Compostela

Blanco Urgorri

Víctor Hugo

Tenente coronel do Corpo de Infantaría de Mariña

Castro García

Juan José

Inspector xefe do Corpo Nacional de Policía

Almeida

Cristina

Axente da Policía Marítima Portuguesa

Vázquez Freire

Juan Carlos

Director de Seguridade de Sasegur Galicia

Unidades distinguidas:

VIIIª Unidade de Intervención Policial (UIP), indicativos Raya 54 e 59

Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Comisaría de Santiago de Compostela, indicativos Halcón 4, 45 e 46