DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64241

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de dúas árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión das seguintes árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 8 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 12.2.2023.

Código: 168A.

Nome das árbores: sobreiras da necrópole da Capela dos Mártires.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: San Miguel de Valga.

Concello: Valga.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): sobreira número 1: 531.495/4.726.417 e sobreira número 2: 531.502/4.726.418.

Motivo da catalogación: o porte, a dendrometría, a idade, a estética e a significación histórica e cultural.

Segundo. Facer pública a inclusión da seguinte formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 9 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 31.5.2023.

Código: 43F.

Nome da formación: sobreiras de San Roque.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Goián.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 519.852/4.643.666.

Motivos da catalogación: o porte, a dendrometría, a idade, a estética e a significación histórica e cultural.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural