DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64545

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Sanxenxo para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos tributos, prezos públicos e demais ingresos de dereito público do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de outubro de 2023, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Sanxenxo polo Acordo do Pleno na sesión do 27 de setembro de 2021, para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos tributos, prezos públicos e demais ingresos de dereito público do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

A Deputación Provincial de Pontevedra realizará a devandita delegación a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de outubro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2023006130, do 2 de agosto)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación