DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64544

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Barro para desenvolver as facultades da fase instrutora e da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico e das facultades de recadación das multas de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de outubro de 2023, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Barro polo Acordo do Pleno na sesión do 20 de abril de 2023, para desenvolver as facultades da fase instrutora e da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico e das facultades de recadación das multas de tráfico.

A Deputación Provincial de Pontevedra realizará a devandita delegación a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de outubro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2023006130, do 2 de agosto)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación