DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65040

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 16 de novembro de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR361A).

A Orde do 21 de decembro de 2022 (publicada no DOG número 245, do 27 de decembro) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e convócaas para o exercicio orzamentario de 2023.

No seu artigo 29, relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria utilizada así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidos. Neste artigo sinálase ademais que os importes indicados poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A existencia de remanentes doutras convocatorias permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos, e ademais é necesaria esta ampliación en vista das solicitudes de axuda presentadas. Trátase polo tanto dunha convocatoria de axudas aínda non resolta, e mediante esta orde de modificación dáse cumprimento ao requisito de publicidade do incremento do crédito orzamentario para o seu coñecemento polas posibles persoas beneficiarias das axudas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023, nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.713D.770.0

201400658

2.336.452

1.000.000

Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.713D.770.0

201400658

4.318.571

3.450.000

Disposición adicional única. Non afectación ao prazo de presentación das solicitudes de axuda

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 21 de decembro de 2022.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural