DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia (expediente 2019AAE2396).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2265/2019.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático