DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo para unha praza de psicólogo/a.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1136/2023, do 26 de outubro, nomeouse a María Genoveva Sayago Martínez, con DNI ***7666**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, dunha praza de psicóloga, coa clasificación: segundo Convenio, equivalente a subgrupo A2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da Resolución en:

https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231027123000237.html

Fene, 27 de outubro de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde