DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo convocado para a cobertura de 2 prazas de técnico/a medio/a de relacións laborais-recursos humanos (subgrupo A2), quenda libre, C.E. 10/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 194, do 10 de outubro de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 3 de outubro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 2 prazas de técnico/a medio/a de relacións laborais-recursos humanos, quenda libre (subgrupo A2), C.E. 10/21.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 27 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana