DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a da Administración xeral, funcionario/a de carreira, correspondente á oferta de emprego público de 2022 (expediente 1299/2022).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 208, do 27 de outubro de 2023, publicarónse as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha técnico/a da Administración xeral, funcionario/a de carreira (oferta de emprego público de 2022) (expediente 1299/2022).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Baiona, 27 de outubro de 2023

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde