DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65494

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba e bombeiro/a forestal do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a relación de dous novos aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 23 de novembro de 2023, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba e bombeiro/a forestal do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 195, do 13 de outubro), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

O 16 de novembro de 2023, a Dirección Xeral da Función Pública requiriulle a este tribunal que propoña dúas novas persoas aspirantes, xa que non acreditaron a posesión de todos os requisitos exixidos pola convocatoria e, polo tanto, perderon o seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no subgrupo, corpo e especialidade correspondente, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Nome e apelidos

Especialidade

***9745**

Rúa Pandelo, Manuel

Bombeiro forestal-condutor motobomba - PI

***3705**

González Freijoo, María Elena

Emisorista/Vixilante fixo/a - Libre

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 195, do 13 de outubro), e facer públicos, como anexo a esta resolución, os nomes das dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo de persoas aspirantes aprobadas, e renumerar a orde a partir do posto número 55 na especialidade de emisorista/vixilante fixo/a e do posto número 20 na especialidade de bombeiro/a forestal-condutor de motobomba.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas dúas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal

ANEXO

Na especialidade emisorista/vixilante fixo/a quenda libre:

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota

Baremo

Total

55

***5219**

Benavides Vila, Gustavo

Libre

52,33

4,66

56,99

Na especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba quenda promoción interna:

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota

Baremo

Total

20

***7151**

Bernárdez Pazos, Rafael

PI

45,23

34,50

79,73