DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65481

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas para misións comerciais das grandes empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).

Primeiro. A Resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para misións comerciais das grandes empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se outorgarán exceptuando o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 05.A1.741A.7708 para concesión de axudas era de 152.000 € e 136.000 € nos anos 2023 e 2024, respectivamente, para a subvención; e de 38.000 € e 34.000 € nos anos 2023 e 2024, respectivamente, para a compensación ás entidades colaboradoras.

En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 05.A1.741A.7708 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para misións comerciais das grandes empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo. A derradeira solicitude de axuda para misións comerciais das grandes empresas concedida antes do esgotamento do crédito foi a presentada o 14 de abril de 2023 ás 13.15.11 horas, expediente IG265.2023.1.75.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica