DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65482

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial (código de procedemento IG408A).

Primeiro. A Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se outorgarán por orde de presentación a aqueles solicitantes que cumpran cos requisitos establecidos nas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 06.A1.741A.7701 para concesión de axudas era de 3.000.000 € para as axudas e tramos non reembolsables de préstamos aos proxectos de investimento empresarial xerais e investimento no sector aloxamento; e de 4.000.000 € para as axudas e tramos non reembolsables de préstamos aos proxectos de investimento en equipamento produtivo.

En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.741A.7701 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo. A derradeira solicitude de axuda e tramo non reembolsable de préstamo a proxectos de investimento empresarial xerais e investimento no sector aloxamento concedida antes do esgotamento do crédito foi a presentada o 23 de setembro de 2022 ás 14.39 horas, expediente IG253.2022.1.57.

A derradeira solicitude de axuda e tramo non reembolsable de préstamo a proxectos de investimento en equipamento produtivo concedida antes do esgotamento do crédito foi a presentada o 29 de setembro de 2022 ás 8.54 horas, expediente IG287.2022.1.108.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica