DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65484

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2023 pola que se reaxustan os importes das anualidades e se amplía a dotación orzamentaria determinada na Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se regula a xestión en Galicia do Programa de axuda á construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos deste instituto, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

1. O día 7 de febreiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 30 de decembro 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do Programa de axuda á construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

2. O día 27 de xullo de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 19 de xullo de 2023 pola que se acordou ampliar a dotación orzamentaria determinada no ordinal terceiro da Resolución do 30 de decembro de 2022 e incrementar ata os seguintes importes:

Aplicación

Anualidade

Importe (en euros)

08.81.451B.760.8

2023

1.500.000

2024

3.737.500

2025

900.000

2026

750.000

08.81.451B.770.8

2023

1.500.000

2024

3.737.500

2025

900.000

2026

750.000

3. O punto 3 do ordinal terceiro da Resolución do 30 de decembro de 2022 establece que as contías establecidas nesta convocatoria poderán ser obxecto de ampliación mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que terá efecto despois da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30.2 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Reaxustar os importes das anualidades da aplicación orzamentaria 08.81.451B.770.8, en que parte dos fondos das anualidades 2023 e 2024 pasan ás anualidades 2025 e 2026, e ampliar a dotación orzamentaria destas anualidades 2025 e 2026 en 5.412.500 euros máis, con cargo aos créditos dispoñibles, do que resulta o crédito total da convocatoria co seguinte detalle:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Crédito actual (en euros)

Crédito final (en euros)

08.81.451B.760.8

2023

1.500.000

1.500.000

2024

3.737.500

3.737.500

2025

900.000

900.000

2026

750.000

750.000

Total

6.887.500

6.887.500

08.81.451B.770.8

2023

1.500.000

16.000

2024

3.737.500

1.800.000

2025

900.000

5.110.000

2026

750.000

5.374.000

Total

6.887.500

12.300.000

Estas modificacións non implican a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo