DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65486

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xestión Sostible da Auga por esta universidade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O máster universitario en Xestión Sostible da Auga pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) establecéronse polo Acordo do Consello de Ministros do 17 de outubro de 2023, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 19 de outubro de 2023 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 30 de outubro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión Sostible da Auga pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 20 de novembro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión Sostible da Auga pola Universidade da Coruña,
a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4318459.

Plan de estudos que se inicia no curso 2023/24.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, anexo II, número 4.1).

1. Ámbito de coñecemento a que se adscribe o título: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo e enxeñaría civil.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

Optativas (OP)

Prácticas externas (PE)

Traballo fin de máster (TFM)

36

24

12

18

Total

90

Os créditos optativos deben cursarse conforme a seguinte distribución:

– 6 créditos dos 12 ofertados no módulo Auga Urbana.

– 3 créditos dos 9 ofertados no módulo Enxeñaría de Procesos.

– 12 créditos dos 27 ofertados no módulo Xestión dos Recursos Híbridos.

– 3 créditos dos 9 ofertados no módulo Análise de Datos.

3. Contido do plan de estudos.

Primeiro curso

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Gobernanza da Auga

Auga, Sostibilidade e Ben Común

OB

3

Contratación Pública e Fiscalidade dos Servizos de Auga Urbana

OB

3

Dereito da Auga

OB

3

Auga Urbana

O Sistema da Auga Urbana

OB

3

Drenaxe Urbano Sostible

OP

3

Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso

OP

3

Deseño Avanzado de Redes

OP

3

Introdución á Hidráulica e á Hidroloxía Urbana

OP

3

Enxeñaría de Procesos

Procesos Innovadores en Potabilización e Tratamento de Augas Residuais

OB

6

Experimentación en Planta Piloto

OB

3

Avaliación Técnico-Ambiental de Procesos

OP

3

Retos Emerxentes

OP

3

Tecnoloxías de Recuperación de Augas

OP

3

Xestión dos Recursos Hídricos

Análise dos Recursos Hídricos. Cambio Climático e Xestión de Extremos

OB

3

Avaliación do Estado das Masas de Auga Superficiais

OB

3

Economía da Auga

OB

3

Análise de Presións e Impactos

OP

3

Recursos Subterráneos

OP

3

Avaliación e Xestión do Risco de Inundacións

OP

3

Uso Agrario e Industrial da Auga

OP

3

Limnoloxía

OP

3

Servizos Ecosistémicos e Ecohidráulica

OP

3

Monitorización de Cuncas Hidrolóxicas para o Seguimento do Estado das Masas de Auga

OP

3

Avaliación Biolóxica da Calidade da Auga

OP

3

GIS Aplicado á Xestión da Auga

OP

3

Análise de Datos

Monitorización e Procesamento da Información Xeoespacial no Ámbito da Auga

OB

3

Análise de Datos e Fundamentos de Intelixencia Artificial

OB

3

Aprendizaxe Automática

OP

3

Técnicas de Optimización. Identificación de Parámetros e Inferencia Bayesiana

OP

3

Análise Integrado de Datos. Sistemas de Decisión Multicriterio

OP

3

Segundo curso

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Prácticas Externas e TFM

Prácticas Externas

PE

12

Traballo Fin de Máster

TFM

18

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Xestión Sostible da Auga pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.