DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 66235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da convocatoria de persoal laboral fixo de condutor padexeiro OPE 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 170, do 4 de setembro de 2023, publicáronse integramente as bases, aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 2023-1696, do 4 de agosto de 2023, que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade da praza vacante de persoal laboral fixo, co código 03.02.02.03 de condutor padexeiro, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre, incluída na oferta de emprego público do ano 2020, publicada no DOG núm. 213, do 22 de outubro.

Denominación

Código

Grupo Convenio colectivo

Condutor padexeiro

03.02.02.03

3.1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ponteareas, 13 de setembro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa presidenta