DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 66234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da convocatoria de 4 prazas de persoal laboral fixo OPES 2021, 2022, 2023 na categoría de persoal de emerxencias e extinción de incendios condutor.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 170, do 4 de setembro de 2023, publicáronse integramente as bases, aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 2023-1695, do 4 de agosto de 2023, que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade de catro (4) prazas vacantes de persoal laboral fixo, na categoría de persoal de emerxencias e extinción de incendios condutor, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2021, 2022 e 2023, publicadas no DOG núm. 45, do 7 de marzo de 2022, DOG núm. 244, do 26 de decembro de 2022, e DOG núm. 74, do 18 de abril de 2023, respectivamente.

Denominación

Código

Grupo Convenio colectivo

Persoal emerxencias

04.01.02.07

Grupo 3, subgrupo 3.1

Persoal emerxencias

04.01.02.10

Grupo 3, subgrupo 3.1

Persoal emerxencias

04.01.02.11

Grupo 3, subgrupo 3.1

Persoal emerxencias

04.01.02.12

Grupo 3, subgrupo 3.1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ponteareas, 13 de setembro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa presidenta