DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66430

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se publica a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, con indicación da orde de puntuacións acadadas, e se propón o seu nomeamento coma persoal laboral fixo.

O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental Fundación Galicia Europa, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).

O 8 de xuño de 2023 publicouse no DOG a Resolución do director da Fundación Galicia Europa, do 12 de maio de 2023, pola que se nomea a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

O 14 de novembro de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 8 de novembro de 2023, da Comisión de Selección, pola que se publica a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización da Fundación Galicia Europa.

O número 2 da base V da dita convocatoria establece que, unha vez rematado o proceso selectivo, a Comisión de Selección publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

De acordo co disposto no número 4 da base III, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións no concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

De acordo con todo o indicado, o tribunal de selección

RESOLVE:

Primeiro.

Aprobar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Grupo I-categoría 004 (titulado/a superior)

NIF

Apelidos e nome

Puntuación

***5425**

Del Oro Sáez, Mª Pilar

95,00

Grupo IV-categoría 001 (auxiliar administrativo/a)

NIF

Apelidos e nome

Puntuación

***9152**

Louro García, Pilar

63,20

Segundo. Proposta de nomeamento das persoas aspirantes ás prazas convocadas

a) Conforme o disposto no número 2 da base V, unha vez finalizado o proceso selectivo, a Comisión de Selección propón, para o seu nomeamento como persoal laboral fixo para unha (1) praza correspondente ao grupo I, categoría 004 (titulado/a superior) a:

NIF

Apelidos e nome

***5425**

Del Oro Sáez, Mª Pilar

b) Conforme o disposto no número 2 da base V, unha vez finalizado o proceso selectivo, a Comisión de Selección propón, para o seu nomeamento como persoal laboral fixo para unha (1) praza correspondente ao grupo IV, categoría 001 (auxiliar administrativo/a) a:

NIF

Apelidos e nome

***9152**

Louro García, Pilar

Terceiro. Recurso

Segundo o disposto no número 13 da base IV da convocatoria, os acordos adoptados pola Comisión de Selección do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Mar Rodríguez Mediavilla
Presidenta da Comisión de Selección