DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a técnico/a (funcionario/a de carreira).

No BOP de Lugo número 254, do 6 de novembro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:

A) Persoal funcionario/a de carreira:

Denominación: arquitecto/a técnico/a municipal.

Grupo: A2.

Nivel C.D.: 23.

Núm. de prazas: 1.

Duración do contrato: funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 9 de novembro de 2023

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde