DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66758

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO de nomeamento de funcionarias de carreira, por promoción interna, para dúas prazas de administrativo/a incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2023-0337, do 27 de xullo, acordouse nomear funcionarias de carreira nas prazas de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1, nivel 18, escala de Administración xeral, subescala administrativa) incluídas na OEP do ano 2023 do Concello de Xermade, na quenda de promoción interna, a Iria María Pico Roca, con DNI ***4580**, e a Ana Oseira Portela, con DNI ***4119**.

Xermade, 7 de novembro de 2023

Roberto García Pernas
Alcalde