DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66759

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023 pola que se nomea persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental Fundación Galicia Europa que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).

O 8 de xuño de 2023 publicouse no DOG a Resolución do director da Fundación Galicia Europa, do 12 de maio de 2023, pola que se nomea a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

O 14 de novembro de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 8 de novembro de 2023, da Comisión de Selección, pola que se publica a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización da Fundación Galicia Europa.

O 22 de novembro, a Comisión de Selección acordou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta feita pola Comisión de Selección e nomear as persoas que se relacionan no anexo desta resolución persoal laboral fixo da Fundación Galicia Europa, tras a superación do proceso selectivo.

2. Notificarlles ás persoas seleccionadas que deberán formalizar o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2024

Jesús María Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral fixo

Grupo I-Categoría 004 (titulado/a superior)

Apelidos e nome

NIF

Del Oro Sáez, Mª Pilar

***5425**

Grupo IV-Categoría 001 (auxiliar administrativo/a)

Apelidos e nome

NIF

Louro García, Pilar

***9152**