DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66834

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A2, escala técnica de facultativos,
especialidade terapia ocupacional

Tribunal titular:

Presidencia:

– Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro.

Secretaría:

-María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Rufino David Luaces Gudín, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional.

– Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de mestres.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Julia Villaverde Nimo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Julita Taboada Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza.

– Lucía Lozano Montes, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.